INAUGURADAS EN TOMIÑO CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN AS XORNADAS NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO

As conferencias estenderase ata as 20.30 horas, coa presenza de profesionais e expertos que relatan a súa experiencia para mellorar a produción, transformación e comercialización no sector do agro

Inauguradas as Xornadas Novas Alternativas para o Agro. Esta mañá, ás 9.30 horas, a alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR18, Sandra González, inaugurou as “Xornadas Novas Alternativas para o Agro”, que se celebrarán durante todo o día de hoxe na Casa da Cultura. Acompañaron á alcaldesa Moisés Rodríguez, deputado provincial e Javier Blanco, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Concello Tomiño - xornadas AGDR agro-104Atopábanse tamén presentes os técnicos do AGDR 18, Marco García, Eva Gil e Chaty González. O primeiro aproveitou para lembrar aos presentes que continúa aberto ata o ano que vén o prazo para solicitar axudas con cargo a fondos Leader.

Entre as 150 persoas que asisten coma público, atópanse viveiristas, empresarios e produtores, así coma xente nova e emprendedora, interesada no sector do agro.

A alcaldesa de Tomiño explicou que estas xornadas se organizan co propósito de dinamizar o rural, o mesmo que pretendían outras accións promovidas polo AGDR 18 (Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño), encargado de xestionar Fondos Leader na zona dende o ano 2007.

Entre estas outras accións figuran as recentes xornadas sobre froitos do bosque celebradas en O Rosal e a Mostra de Cultivos do Baixo Miño.

Concello Tomiño - xornadas AGDR agro-105Sandra González informou aos 150 participantes que a xestión do AGDR 18 na edición 2007-2013 investiu en proxectos de dinamización máis de 4 millóns de euros de fondos públicos, e conta con máis de dous e medio para o período 2014-2015. Polo mesmo, animou aos emprendedores e empresarios do sector do agro a presentar as súas ideas aos técnicos da asociación e ver a viabilidade dos seus proxectos.

O deputado provincial e alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, pola súa banda, felicitou ao Grupo de Desenvolvemento Rural AGDR 18, polo traballo desenvolvido nos últimos anos e confirmou o apoio da Deputación a este tipo de proxectos que xeran riqueza na zona.

Na mesma liña, se manifestou Javier Blanco, de Agader, asegurando que “o AGDR 18 é un dos grupos que mellor funcionan en Galicia, pola súa xestión e preocupación pola dinamización do rural”.

As xornadas estenderase ata as 20.30 horas, coa presenza de profesionais e expertos que tentarán relatar a súa experiencia para mellorar a produción, transformación e comercialización no sector do agro.

A primeira das conferencias “A produción de castaña en Galicia. Situación actual e perspectivas de futuro”, estivo a cargo de Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia e coordinador da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres. O experto explicou que existen en Galicia 70.000 hectáreas de castiñeiros, 38.000 das cales están aproveitadas.

[justified_image_grid]