Inaugúrase a exposición de pintura “Olladas” de Basilio Calzado O pintor tomiñés expón no mercado do Concello de Tomiño dende mañá, sábado 14 de outubro

Dentro da programación cultural do Concello de Tomiño Outono Cultural encádranse obras de teatro, espectáculos musicais e diferentes exposicións entre as que se atopa “Olladas” do artista Basilio Calzado.

Olladas é unha exhibición pictórica gratuíta que estará dispoñible para visitar no horario habitual do mercado municipal entre o 14 de outubro e o 12 de novembro, para todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir e desfrutar desta mostra cultural á vez que pasan un tempo de lecer.

Basilio Calzado, natural de Tebra e fundador da Asociación Cultural “Val do Cereixo”, ten un estilo propio e acadou un remarcable lugar no panorama artístico actual por méritos propios. A concellería de cultura e o Concello de Tomiño pretenden facer accesible a cultura e respaldar a consagración de artistas propios da zona con este tipo de actividades