Inspección técnica de ciclomotores e de vehículos lixeiros A primera terá lugar os días 7 e 8 de maio, mentres que a segunda será o 10 e o 13 deste mes

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores visitará Tomiño para realizar revisións períodicas de ciclomotores e de vehículos lixeiros (turismos).

A primeira (ciclomotores) terá lugar os días 7 e 8 deste mes, na Explanada da Policía Local (A Rocha) en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

A segunda (vehículos lixeiros) será os días 10 e 13 de maio na Zona Empresarial Gabín-Forcadela, nos mesmo horarios.

A cita previa poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com, ou no teléfono 902 30 90 00. Aos vehículos que se presenten sen cita previa, asignaráselles día e hora directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.