Interinidade praza de arquitecto/a municipal: convocatoria As persoas interesadas terán 10 días hábiles dende a publicación das bases para presentar solicitude e documentación

Aberta a convocatoria para crear por concurso unha bolsa de traballo para o posto de arquitecto/a municipal, categoría de Administración Especial, do Grupo A, Subgrupo A-1, de persoal funcionario do Concello de Tomiño para cubrir interinamente a praza en caso de ausencia do titular.

Mediante resolución aprobáronse as bases das convocatorias para a provisión con carácter interino mentres dure a baixa da titular dunha praza coas seguintes características:

Posto de Arquitecto Municipal, categoría de Administración Especial, do Grupo A, Subgrupo A-1, de persoal funcionario do Concello de Tomiño

O texto completo das bases de ambas convocatorias pódense consultar na seguinte ligazón na sede electrónica do Concello de Tomiño.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial ou na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).