04 Abr L´AMANT DUN JOUR (Amante por un día), CINE FRANCÉS NO CINECLUB POLEIRO A película é unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura amorosa
O xoves 4 de abril, ás 21.30 no auditorio de Goián o Cineclub Poleiro proxecta un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR, Amante por un día.
Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten él una relación cunha moza da súa idade.
Podería encuadrarse como traxicomedia romántica. Unha fábula emocional dun director que destaca pola súa sensibilidade.
Os críticos destacan a sensiilidade para tratar as emocións, os ciumes, a utilización do branco e negro para mostrar os sentimentos máis escuros das personaxes….
O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN unha fita de Valeska Grisebach.
Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen unha presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.
Bono socio para as catro películas 10 euros.
Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337