Listaxe das persoas admitidas e excluídas e valoración de méritos para a contratación de catro persoas para o programa “O teu primeiro emprego” Incorporaranse nos departamentos de Benestar Social, Servizos Administrativos, Medio Ambiente e Urbanismo

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA A CONTRATACIÓN EN MODALIDADE DE PRÁCTICAS DUNHA PERSOA GRADUADA/DIPLOMADA EN TRABALLO SOCIAL, UNHA PERSOA CON CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS, UNHA PERSOA EN POSESIÓN DO GRAO/LICENCIATURA EN CIENCIAS AMBIENTAIS E UNHA PERSOA EN POSESIÓN DO GRAO EN ARQUITECTURA/ARQUITECTO/A PARA LEVAR A CABO O PROGRAMA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” NOS CONCELLOS.

ACTA O Teu primeiro Emprego

 

Catro novas persoas incorporaranse nas vindeiras semanas ao cadro de traballadores do Concello de Tomiño, a través do programa da Deputación Provincial, “O teu primeiro emprego”.

As persoas escollidas a través do respectivo proceso de selección de persoal, prestarán servizos na modalidade de prácticas, nos departamentos municipais de Benestar Social (titulada/o universitaria en traballo social); Servizos Administrativos (titulada/o en Administración e Finanzas); Medio Ambiente (titulada/o universitaria en Ciencias Ambientais) e Urbanismo (titulada/o universitaria en Arquitectura).

As persoas candidatas foron convocadas a través da Oficina de Emprego, pasando logo por un proceso selectivo de valoración de méritos. Os candidatos que non obteñan a praza neste proceso, pasarán a integrar unha lista de substitución por orde de puntuación en caso de producirse a renuncia da persoa seleccionada.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, explica que o Concello solicitou catro persoas, que foron concedidas pola Deputación, co fin de reforzar o traballo de catro áreas consideradas estratéxicas na labor municipal e que, ademais de beneficiar a catro persoas que se inician na súa vida profesional, permitirá desenvolver con maior eficacia os programas de intervención deseñados polo novo equipo de goberno.