Máis de 500 nenos e nenas asisten a actividades de verán organizadas polo Concello Quedan pendentes para o mes de agosto os campus de balonmán e atletismo, e o campamento musical

Máis de 500 nenos e nenas asisten a actividades de verán organizadas polo Concello.

Só o campamento urbano reúne a máis de cen participantes, e as demais actividades (campus de tenis, padle, rugby, skate, balonman, piragüismo, baloncesto e fútbol, etc.) lograron igual éxito. O de fútbol, desenvolto simultáneamente nos campos de A Carballa e Regatiño, veñen de rematar, con case un centenar de participantes.

Até finais de agosto seguen desenvolvéndose os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. As pistas da Área Deportiva do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello, son as que acollen estas actividades. Neste sentido, hai que mencionar tamén dúas pistas polivalentes (balonmán, baloncesto, fútbol, etc.), cuxo arranxo vén de rematarse cun investimento superior aos 20.000 euros, e que se suman as instalacións da área do Mosteiro.

Asemade, rematou o campus de rugby e quedan pendentes para o mes de agosto os de balonmán e atletismo, así coma o campamento musical. Poden consultarse todas as datas e horarios, e tamén inscribirse, na páxina web do Concello (tomino.gal).

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, dende o Concello búscase axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

Fotos: clausura campus de fútbol (o sábado pasado) e clausura do campus de rugby (semana anterior).