Novo curso de manipulador/a de alimentos no Concello de Tomiño Impartirase o vindeiro martes 1 de outubro na Escola Obradoiro de Goián ás 17.00 h

O Concello de Tomiño organiza un novo curso de manipulador/a de alimentos. Este curso, de 3 horas de duración, impartirase o vindeiro martes 1 de outubro na Escola Obradoiro de Goián a partir das 17.00 h. Terá un custo de 20 euros.

As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ata o xoves 26 de setembro.

Prazas limitadas.



X