O 13 de xullo o persoal técnico do Revitaliza falará sobre a nova Lei de Residuos no Mercado de Tomiño A charla do persoal da Deputación de Pontevedra terá lugar ás 11h e contará ca colaboración do Mestre e da Mestra composteira do Concello

O próximo mércores 13 de xullo estará no Mercado de Tomiño o persoal técnico do Revitaliza da Deputación de Pontevedra falando sobre a nova Lei de Residuos, en colaboración cos mestres composteiros do Concello.
Na charla, que terá lugar ás 11h, explicarán tanto á veciñanza coma os comercios e negocios as novas obrigas respecto á xestión da orgánica e demais residuos.
Ademais da charla, dentro do estudo que está a realizar a Concellaría de Medioambiente respecto da xestión de residuos, compartirase proximamente ca veciñanza unha enquisa sobre o tema.