O atleta Alex Serpes gaña o Cros Internacional de Atapuerca por segundo ano consecutivo Este ano houbo máis de 6000 atletas participantes nun total de 19 probas

Álex Sierpes Pereira, do Club Atletismo TREGA de Tomiño, consagrouse campión da categoría SUB12 masculina, no XVI CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA (Burgos), celebrado o pasado sábado no circuito do parque arqueolóxico.

Correndo unha distancia de 1600 metros, o pequeno atleta fíxose cunha clara vitoria un ano máis, impoñendo un forte ritmo de carreira de principio a fin.

Este ano houbo máis de 6000 atletas participantes nun total de 19 probas, con presenza de 35 clubs de 16 nacionalidades diferentes.

O club tamén foi representado por outros e outras atletas coma Marcela Morgado (posto 38), Uxía Rodríguez (posto 82), Christian Sierpes (posto 41), Elisa Morgado (posto 53), Lara Rodríguez (posto 150), Carla Rocha (posto 233), Lara Álvarez (posto 307), Paula Lago (posto 74) e Paula Rocha (posto 75).

A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, que dirixe Fran Campo, fai chegar a todos e todas os/as participantes, os seus máis sinceros parabéns.