O Atletismo Trega consigue tres novas medallas no Campionato Galego de Campo a través Trece atletas do club tomiñés asistiron á proba celebrada no municipio de Portas, cun circuíto duro e con forte vento, na mañá do sábado

Gran final para o Atletismo Trega, no Xogade – Campionato de Galicia de campo a través (Portas) co resultado dunha PRATA, e dous BRONCES (un individual e outro por equipos).

O sitio elixido esta vez, foi a azucreira de Portas, cun circuíto duro e con forte vento. Na mañá do sábado 15, celebrouse o Campionato Galego escolar 2020 onde levamos a 13 atletas.

Os resultados máis destacados foron unha medalla de plata para ÁLEX SIERPES PEREIRA, cedendo o primeiro posto con tan só 2 segundos. O seu percorrido foi de 2500 metros parando o crono 8’26”, sendo o primeiro atleta do seu ano nesta proba de SUB14 masculina.

Un dos 2 bronces que o Club conseguiu, foi grazas a MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ, que se enfrontou a 3000 metros na categoría de SUB16 feminino. Coas ideas moi claras e sen medo, saíu desde meta en 3ª posición e acabou cun tempo de 10’52”, sendo a 1ª do seu equipo. Tamén participaron as súas compañeiras UXÍA RODRÍGUEZ HORTAS / 12ª/ 11’38”; ANTÍA RODRÍGUEZ OTERO, 24ª/12’12”, e LARA RODRÍGUEZ 35ª/ 13’22” sumando 23 puntos, a 6 das segundas, e conseguindo o segundo BRONCE do día.

“Estamos orgullosos por todos e cada un dos resultados, pero sobre todo polo BRONCE por equipos porque é a primeira vez na historia do Club que un equipo consegue un título coma este nos Campionatos Galegos”, salientan dende a directiva. A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, súmase a estes parabéns, valorando moi positivamente o esforzo constante dos integrantes do club.