O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre

O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto da Orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo, que se subirá este venres 10 de maio ao escnario para deleitar ao público asistente cun entretido programa. Dirixido por Juan Carlos Álvarez e con Julia Villarroel á guitarra e José Antonio Campos como tenor, o concerto promete unha experiencia inesquecible para as e os amantes da boa música.

O programa incluirá pezas clásicas como as vibrantes notas da abertura de ‘O contrato de matrimonio’ de Gioachino Rossini, ata a emotiva interpretación do ‘Concerto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo, a Aria de concerto K.431 de Wolfgang Amadeus Mozart ou ‘O sombreiro de tres picos suite nº2) de Manuel de Falla.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a veciñanza a desfrutar “da música e dun concerto que nos encherá de emoción, unha experiencia enriquecedora e inspiradora para todas e todos os asistentes”. O concerto comezará ás 20.30 horas e será de balde, con entrada libre ata completar aforo.