O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA DESPRAZARÁ DÚAS UNIDADES MÓBILES ATA TOMIÑO E GOIÁN ESTARÁN NA PARROQUIA DE GOIÁN O VENRES 18 DE XUÑO E EN TOMIÑO (NÚCLEO URBANO) O LUNS 21 DE XUÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará os núcleos de Goián e do Seixo. Na parroquia goianesa estará presente o vindeiro venres 18 de xuño en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas, e estará situada na parada do bus da carballeira.

En canto ao núcleo do Seixo, a data na que estará presente a unidade móbil será o luns 21 de xuño. A súa ubicación será a rúa Daniel Calzado Poceiro e será en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

É importante almorzar antes de doar no caso de asistir en horario de mañá e esperar dúas horas despois de xantar no caso de asistir en horario de tarde. É importante non esquecerse de levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.

Desde a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos lembran que nunha situación como a actual, onde é necesario gardar certas prevencións sociais para preservar a saúde de todos, é recomendable contar con cita previa para repartir a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pode solicitarse por teléfono de xeito gratuíto a través do 900 100 828.