O Centro de Transfusión de Galicia desprazará dúas unidades móbiles ata Tomiño e Goián Na parroquia goianesa estarán o luns 5 de agosto, e en Tomiño (núcleo urbano) o martes 6.

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro
de Transfusión de Galicia, desprazará dúas unidades móbiles ata Tomiño e Goián. Nesta parroquia estarán o día 5 de agosto, e en Tomiño centro o 6.
GOIÁN:
UNIDADE MÓBIL NA PRAZA PINTOR ANTONIO
FERNÁNDEZ
LUNS 5 de AGOSTO
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

TOMIÑO:
NA RÚA DANIEL CALZADO POCEIRO
MARTES, 6 DE AGOSTO
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.