O Concello crea unha plataforma online de xestión de incidencias para a veciñanza O obxectivo é reducir tempos na tramitación dos avisos e abrir un novo canle de comunicación entre a administración e a cidadanía

Co obxectivo de axilizar a comunicación coa veciñanza e reducir o tempo de actuación para solucionar as súas demandas, o Concello de Tomiño ven de habilitar na súa páxina web unha plataforma para a xestión de incidencias, onde a través dun formulario a cidadanía poderá comunicar ao gobernó municipal un problema e solicitar a súa solución. A plataforma permite dar avisos sobre varios servizos ou ben municipais. En primeiro lugar sobre o alumeado público, puidéndose tramitar a reparación ou corrección dos tramos apagados, tramos intermitentes, rexistros de farois abertos con cables ao aire, tapas de arquetas afundidas ou rotas… Tamén se poderá informar sobre os camiños, reclamando a reparación dun daño ou deterioro do pavimento, xa sexa na beirarrúa ou na calzada.

En terceiro lugar, haberá un apartado para dar avisos sobre niños de vespas velutinas. Poderase solicitar a retirada dos niños e para iso é necesario que, no momento no que se crea a incidencia, ademáis da dirección onde se atopa o niño, é moi importante que se especifique a localización, a altura á que se atopa e o seu tamaño.

Por último, haberá un espazo de incidencias xerais, no que que se poderá informar sobre calquera dano, deficiencia ou anomalía que se considere oportuna.

“Queremos que a veciñanza poida facer todo tipo de xestións telemáticamente”, asegura o concelleiro de Mantemento, Lois Vázquez. A través do enlace https://tomino.gal/xestion-de-incidencias/ , os usuarios e usuarias poderán rexistrarse, comunicar a súa incidencia e estar informados en todo momento do estado da súa xestión. Unha vez se rexistre a incidencia, chegaralle unha comunicación inmediata tanto a Lois Vázquez como ao responsable do departamento correspondente para comezar a traballar na súa rápida resolución. Cando a incidencia esté solucionada, o usuario ou usuaria que a rexitrou recibirá un correo electrónico.

Actualmente, no rexistro municipal entran cada día entre cinco e dez incidencias, a maioría delas informando sobre alguna anomalía no alumeado público.

A creación dunha plataforma de xestión de incidencias é un paso máis do Concello de Tomiño a hora de facilitar a veciñanza as súas xestións municipais e únese á sede electrónica, onde os tomiñeses e tomiñesas xa podían levar a cabo trámites como a solicitude de certificados, rexistrar instancias e levar cabo diversos trámites administrativos.



X