O Concello de Tomiño colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer, co fin de atender aos veciños e veciñas que poidan necesitar apoio emocional as persoas interesadas, poden porse en contacto co citado departamento no teléfono 986 62 32 11, de luns a venres en horario de 9-14h

O Concello de Tomiño colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer, co fin de atender aos veciños e veciñas que poidan necesitar apoio emocional por estar afectadas polo Covid-19, ben porque perderon algún membro da súa familia, porque son persoas maiores ou coidadores destas.
A canalización, derivación e valoración ten que facerse dende o Departamento de Benestar Social do Concello, polo que as persoas interesadas, poden porse en contacto co citado departamento no teléfono 986 62 32 11, de luns a venres en horario de 9-14h ou a través do correo benestar@tomino.gal.