O Concello de Tomiño continúa cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade Unha campaña fotográfica en redes sociais e o encontro informal "Tómate un café con Europa" son dúas das accións emprendidas

O Concello de Tomiño continúa cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade. Tras rematar co obradoiro de cociña alemá, a cargo de Jessica Schröder, alumna en prácticas no Concello a través do programa Erasmus Plus, a Concellaría de Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, convoca unha Campaña fotográfica en redes sociais; actividade que pretende visibilizar a celebración do Día Europeo da Información Xuvenil (17 de abril) e que consiste no envío dunha foto da persoa concursante nun lugar emblemático da localidade (Tomiño), cun cartaz que diga: #IamEUROPEAN-#Euson EUROPEO/A (en inglés e galego), e compartir a imaxe en Facebook, Instagram ou Twiter cos hashtags: #redsij e #redsijODS.

Por último, a campaña inclúe un encontró informal coa mocidade tomiñesa en torno a unha taza de café e algo para picar, co fin de conversar e debatir de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc. Este encontró, titulado “Tómate un café con Europa”, terá lugar en dúas datas e tres horarios distintos (17 e 25 de abril; 10.30 a 12.30 e 18.30 a 21.30, e 18.30 a 21.30 horas, respectivamente) con tres grupos diferentes (Casa da Cultura, Mercado Municipal e Escola Obradoiro).

Para máis información, pódese consultar a páxina web do Concello (tomino.gal), pasar pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) Bº da Rocha, s/n, ou ben, chamar por teléfono ao número 986 622 001.

Na foto, persoal, becari@s e voluntari@s da Oficina Municipal de Información Xuvenil, cuxo día celébrase mañá, 17 de abril de 2019.