O Concello de Tomiño continúa invertindo na implantación de plans de mobilidade urbana sostible en Goián

O Concello de Tomiño segue apostando pola implantación de plans de mobilidade urbana sostible. A través dunha subvención outorgada polo IDAE, dentro do programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, o Goberno municipal levou  a cabo a creación do Camiño escolar na Avenida Ordoñez e o tramo da avenida Pío Troncoso-Centro Goianés.

Deste modo, continúase co expansión da área central segura que se levou a cabo no marco do proxecto “Máis Goián”, dotándoa dun percorrido accesible e seguro, e ligando esta zona segura inmediata ao centro educativo co Centro Goianés, ámbito utilizado por unha gran porcentaxe de escolares para chegar ata o CEIP Pintor Antonio Fernández.

As actuacións realizadas foron:

  • Creación dun camiño escolar seguro, afectando as actuacións ao tramo da Avenida Ordóñez comprendido entre a Avenida Pío Troncoso e o Centro Goianés. Esta actuación enlaza co proxecto de peonalización denominado “Máis Goián”, xa previsto polo Concello. Para iso creouse un paso de peóns elevado que enlaza e da continuidade a ambas as actuacións.
  • Reatribución da superficie de estacionamento que se elimina no marxe norte da actuación como área peonil. A totalidade da superficie peonil pavimentarase cunha lousa hexagonal de formigón de gran calidade.
  • Ademais, de forma complementaria dótase de mobiliario urbano, arboledo e vexetación. O mobiliario urbano está deseñado especificamente para esta actuación, e o propio deseño dos alcorques indica a dirección aos nenos.

Esta obra foi posible grazas a unha subvención de 104.837,38 € outorgada polo IDAE (Instituto de Eficiencia Enerxética), dentro do Programa de subvenciones a proxectos singulares das entidades locais que favorezan unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020. O Concello aporta ademais unha partida de arredor de 50.000€.