TOMIÑO CONTRATA A 30 PERSOAS DESEMPREGADAS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2022 No proceso de contratación investiuse un total de 289.930,26 euros, dos cales 275.763,84 euros están subvencionados pola Deputación de Pontevedra, e 14.166,42 polo propio Concello

     
 

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal. As novas incorporacións producíronse ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022 na súa liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

En total foron contratadas 30 persoas desempregadas con contratos de 6 meses de duración, que se foron incorporando ao seu posto de traballo no mes de marzo, unha vez concluídos os procesos de selección.  

Concretamente foron contratados dous soldadores de estruturas metálicas lixeiras; unha educadora social; unha bióloga; un oficial albanel e dous peóns albaneis; dezaseis peóns de xardinería; un condutor-operador de retroescavadora oficial de segunda; dous electricistas oficiais de primeira; un mecánico de mantemento e reparación de automoción xeral oficial de segunda e tres técnicos administrativos.

Neste importante proceso de contratación foron investidos 289.930,26 euros, dos cales 275.763,84 euros están subvencionados pola Deputación de Pontevedra, achegando o propio Concello os 14.166,42€ restantes.

O que se publica aos efectos de cumprir coas obrigas de publicidade establecidas nas bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos 2022, Liña 3 publicadas no nº 230 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o 27 de novembro de 2021.