O Concello contratará, en breve, a 24 persoas, dentro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos, subvencionado pola Deputación Os candidatos e candidatas deben estar empadroados en Tomiño, desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego

PLAN CONCELLOS 2019 DO CONCELLO DE TOMIÑO, SUBVENCIONADO AO ABEIRO DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN CONCELLOS 2019: LIÑA 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

PERFIL E NÚMERO DAS PERSOAS DESEMPREGADAS A CONTRATAR EN BREVE:

Os aspirantes deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación. A xornada en todos os casos será de 6 horas diarias (80%). Os perfís, a duración e as datas de inicio previstas para esas 24 contratacións son as que indicamos a continuación:

  • 9 Peóns de xardinería, contrato 7 meses, inicio previsto 01/04/2019. (95121019) (80)
  • 3 Peóns de xardinería, contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (95121019) (80)
  • 1 Peón da construción de edificios, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (96021013) (80)
  • 1 Albanel Oficial 1ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (71211015) (40)
  • 1 Carpinteiro en xeral Oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (71311049) (40)
  • 1 Condutor-operador de retroescavadora Oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (83311174) (50)
  • 1 Instalador electricista en xeral oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (75101033) (40)
  • 1 Instalador electricista en xeral, especialista, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (75101033) (70)
  • 1 Mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 1/04/2019. (74011034) (50)
  • 1 Soldador de estruturas metálicas lixeiras, especialista, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2019. (73121051) (70)
  • 2 Técnicos administrativos en xeral (categoría Oficial administrativo), contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (36131039) (00 Técnico)
  • 1 Pedagogo/Psicopedagogo/Psicológo/Mestre de educación primaria/Educador social (*) (categoría axudante titulado), contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (23211052/28231044/28231035/22401012/28241056) (00 Técnico)
  • 1 Enxeñeiro Técnico Forestal (categoría axudante titulado), contrato 7 meses, inicio previsto 01/03/2019. (24251011) (00 Técnico)

 

Excepto nos postos de peóns de xardinería e de técnicos administrativos, será requisito para ser admitido nestes procesos de selección, posuír, como mínimo, o carné de conducir B en vigor, pois en caso de ser seleccionados, ás veces, estes traballadores deben desprazarse ás distintas obras ou instalacións, en vehículos municipais, e para iso é preciso que posúan o carné.

 

No caso do condutor-operador será requisito posuír o carné mínimo en vigor que esixa a lexislación no momento da selección para a condución da maquinaria que se trate.

 

Aos Oficiais de primeira esixiráselles o título de Graduado Escolar/Graduado en ESO ou equivalente.

 

Os técnicos administrativos terán como requisitos posuír a titulación ou titulacións de Ciclo Superior ou equivalente da familia profesional de Administración e xestión que se establezan nas bases de selección.

 

O/A Enxeñeiro Técnico Forestal, terá como requisito posuír a titulación de Enxeñaría Técnica Forestal ou Grao en Enxeñaría Forestal especialidade en explotacións forestais ou calquera outro título equivalente noutro plan de estudos, expedido por Centros Oficiais de Ensino.

 

Valoraranse para todos os postos ademais dos coñecementos da profesión, as seguintes situacións: ser vítima de violencia de xénero, ter máis de 45 anos, formar unha familia monoparental con fillos a cargo, ter un nivel de renda máis baixo e ter cargas familiares.

 

Ademais segundo o posto de que se trate poderanse valorar outras situacións ou titulacións/formacións que se concretarán nas bases da convocatoria de cada posto.

 

É recomendable que as persoas interesadas, so se apunten naqueles postos nos que se vexan con posibilidades de pasar a proba práctica correspondente.

 

(*) Refírese a un único posto onde a orde de preferencia de titulacións sería: 1º Licenciatura en pedagoxía; se en Tomiño non houbese unha persoa desempregada con esa titulación, pediríase Licenciatura en Psicopedagoxía, e así sucesivamente (en terceiro lugar, Licenciatura en Psicoloxía; en 4º, Diplomatura ou Grao en Educación Primaria e, por último, Diplomatura/Grao en Educación Social).