O CONCELLO DE TOMIÑO LAMENTA O PASAMENTO DO ESCULTOR ANTÚNEZ POUSA

Desde o Concello de Tomiño, lamentamos profundamente o pasamento do escultor José Antúnez Pousa, nado en Estás e veciño deste concello. Estendemos as nosas condolencias á súa familia, amizades e achegados.

O escultor tomiñés, Antúnez Pousa, naceu en Estás no ano 1945. Formado en Madrid, a súa ampla obra pode visitarse por toda a comarca do Baixo Miño. Destacan o conxunto escultórico de San Campio de Lonxe en Figueiró e o Meixoeiro, na praza do Seixo en Tomiño, ou o impresionante Monumento ao Mariñeiro, no porto da Guarda, entre outras.

Antúnez Pousa foi distinguido polo Concello no ano 2014, xunto con Magín Picallo e Xuxo Vázquez, pola súa traxectoria, que contribuiu a poñer a Tomiño no mapa das artes a nivel internacional. Ficará para sempre como unha referencia artística e escultórica de Tomiño.

Imaxe: Gustavo Rivas