As escolas de Música e Teatro reanudan a súa actividade de forma presencial con grupos reducidos e todas as medidas de seguridade

O Concello de Tomiño obtén case 26.000 euros para a mellora da iluminación do Auditorio de Goián As melloras responden á modernización e xestión sostible das infraestruturas municipais

O Concello de Tomiño continúa avanzando na modernización sostible das instalacións municipais, apostando polas enerxías renovables para unha maior eficiencia que redunde no confort de usuarios e usuarias e nun aforro enerxético.

Neste camiño, o Concello obtivo unha subvención de 25.600, 79 euros ao abeiro dos fondos NextGenerationEu e o mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Regulamento (UE) distribuídos pola Axencia Galega das Industrias Culturais, que forma parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A través desta subvención, o Concello renovou as luminarias do auditorio municipal, dotando de nova iluminación a boca do escenario e mellorando o alumeado e a eficiencia enerxética do propio escenario.

O Concello achegará case 11.000 euros de fondos propios para completar esta mellora.