O Concello realiza unha diagnose sobre igualdade e violencia de xénero nos centros educativos de Tomiño

O Concello estende a súa aposta pola igualdade de xénero e a loita contra a violencia aos centros educativos Vén de publicar o 'Estudo Diagnóstico sobre Igualdade de Xénero e a liuta contra a Violencia Machista no ámbito educativo'

O Concello de Tomiño aposta pola igualdade en todos os eidos. Por este motivo, vén de publicar o ‘Estudo Diagnóstico sobre Igualdade de Xénero e loita contra a Violencia Machista no ámbito educativo’, unha iniciativa que pon o foco de atención na realidade da comunidade educativa tendo en conta todos os niveis formativos, dende infantil, primaria, secundaria ou bacharelato ata a FP Básica e os ciclos formativos.

A análise recolle o seguinte contido:

1. Introdución
2. A opinión xeral: o politicamente correcto
2.1. A importancia da igualdade de xénero e a violencia machista no concello de Tomiño
2.2. Situacións da vida cotiá
3. Os roles clásicos de xénero
3.1. Onde se están a perpetuar os roles clásicos de xénero
3.2. Quen se comporta cos roles tradicionais de xénero
4. A igualdade de xénero e a violencia machista na educación
4.1. Igualdade de xénero e violencia machista como cuestión educacional
4.2. A igualdade e a violencia machista nos centros educativos
5. A participación e percepción da igualdade de xénero e a violencia machista na vida cotiá
5.1. A participación para acadar a igualdade de xénero
5.2. Percepción da igualdade de xénero e a violencia machista
6. Cambio nas actitudes: cara unha igualdade de xénero?
6.1. O maltrato no entorno
6.2. Novas formas de socialización en igualdade
6.3. As novas masculinidades
7. O papel do Concello de Tomiño
8. Conclusións: puntos clave a traballar

O proxecto contou coa participación e implicación de representantes das ANPAS, dos centros educativos, da OMIX de Tomiño e da asociación de mocidade Voces Novas, así como de familias, persoal técnico do Concello, persoal docente e alumnado a partir dos 12 anos.

“Este estudo achega unha fotografía real que nos permitirá deseñar e levar a cabo nos centros educativos intervencións o máis enfocadas posible ás problemáticas reais, acadando así resultados de alto calado cara a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero”, salienta a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ao abeiro desta loita pola igualdade e contra a violencia de xénero, o pasado 19 de marzo representouse no Auditorio de Goián a obra de teatro ‘As que limpan’, da compañía A Panadaria, e o 23 de abril o espectáculo ‘Frida’, da compañía A Cova das Letras.

Tanto o estudo como estas obras son actividades cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra mediante a subvención dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero do ano 2023.

Logo Deputación de Pontevedra