O Concello mellorará os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Figueiró

O Concello mellorará os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Figueiró A través dunha subvención de case 67.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

O Concello de Tomiño continúa coa mellora paulatina da rede de estradas do municipio. Entre este o vindeiro ano, o Goberno municipal levará a cabo os traballos de mellora dos vieiros en Lago, na parroquia de Figueiró, ao abeiro da axuda concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

Serán case 67.000 euros, o equivalente ao 100% da axuda solicitada, que permitiu ao Concello seguir captando fondos para reparar estradas e pistas asfaltadas e mesmo para pavimentar completamente as pistas que se atopan en terra, alargándoas en caso de ser necesario para mellorar os servizos ofrecidos á veciñanza. Serán case 16.000 euros para a anualidade 2022 e máis de 50.000 para a de 2023.

Como explica a alcaldesa, Sandra González, “dada a ampla superficie do tempo municipal e ao gran número de estradas existentes en Tomiño, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada e laboriosa. Por iso poñemos en marcha diferentes proxectos para ir rexenerando completamente a rodadura nos nosos vieiros e incluso levar a cabo traballos de pavimentación que nos permitan ampliar a plataforma actual en zonas nas que é necesario”.

Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023: