13 Mai O Concello organiza un novo curso de ‘Caixeira/o-Repoñedora/or’ de 40 horas de duración As persoas interesadas poden anotarse dende hoxe, até o día 16 de maio ás 12.00h, enviando un correo electrónico
O Concello de Tomiño organiza, a través do Servizo de Orientación Laboral, un novo curso de “Caixeira/o – Repoñedora/or” de 40 horas de duración, 30 delas prácticas non remuneradas.A acción formativa, sen custe para os participantes e 20 prazas dispoñibles, comezará o día 27 de maio próximo. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 13 de maio, e remata o 16 de maio ás 12.00 horas.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: ana.sanchez@tomino.gal, indicando no asunto do correo: CURSO DE CAIXEIRA/O – REPOÑEDORA/OR), e facendo constar no corpo da mensaxe os seguintes datos: nome a apelidos, DNI, enderezo completo (con localidade e provincia), teléfono, data de nacemento, nivel de estudos e enderezo electrónico.
A parte teórica desenvolverase os días 27 e 28 de maio, de 16.30 a 21.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 28 de maio en supermercados do Baixo Miño e, posiblemente, algún de Vigo.
O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, será a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Coma requisitos do mesmo, pídese que as persoas anotadas estean, preferentemente, empadroadas en Tomiño e desempregadas. Asemade, valorarase estar en posesión do Título da ESO, mais non é obrigatorio. Terán preferencia as persoas que quedaron en lista de espera na edición anterior do curso, celebrada en decembro do ano pasado.