04 Out O CONCELLO ORGANIZA un novo CURSO DE FORMACIÓN DE PERSOAS ADULTAS PARA OBTER O GRADUADO DA ESO POR LIBRE A formación sirve tamén para PREPARAR A PROBA DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E AS DE COMPETENCIAS CLAVE
As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal a partir do día 4 de outubro ata o día 11 deste mesmo mes
O Concello de Tomiño organiza o curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, a proba de acceso a ciclos medios e as de competencias clave.
Os requisitos para a inscrición no curso serán:
- Ter cumpridos os 16 anos.
Terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Tomiño.
Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do próximo mes de maio será necesario:
- Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia no curso 2018/2019.
- Ter cumpridos os 18 anos antes do día da proba por libre para obter o título da ESO.
As persoas interesadas, poderán inscribirse oficialmente, entre os días 4 e 11 de outubro (ata as 13.00 horas) de 2018, presentando de maneira presencial ou electrónica (Sede electrónica) no rexistro do Concello, o modelo de inscrición cuberto, que se pode descargar da web municipal (tomino.gal), xunto cunha fotocopia do DNI.
Durante o curso, as clases terán lugar dous días á semana (martes e xoves) 3 horas cada día, en horario a determinar (no Centro de Formación O Regatiño de Goián).
Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:
- Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
- Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
- Para persoas cun ámbito pendente 15€.
Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións de voz das clases a través de internet, etc.
A actividade formativa non se levará a cabo se non se acada un número mínimo de 10 persoas inscritas.