31 Xan O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG coma demandantes de emprego
O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) coma demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación.
No seguinte enlace pode consultarse a información completa:
Codigos plan concellos 2020(1)