28 Set O Concello pon en marcha accións formativas para desempregados/as subvencionados pola Xunta Os cursos ofertados, Sistemas Microinformáticos e Actividades administrativas, impartiranse no Centro de formación de O Regatiño en Goián
O Concello pon en marcha o programa de accións encamiñadas á formación prioritaria de personas desempregadas de Tomiño, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Os dous cursos impartiranse no Centro de formación ocupacional de O Regatiño en Goián. Un trata de Actividades administrativas na relación co cliente, nivel 2 (818 horas, con fechas previsitas do 30/10/2017 ata o 28/06/2018 e horario de 8:30 a 13:30). E o outro curso trata de Sistemas Microinformáticos, nivel 2 (618 horas, con fechas previstas do 2/11/2017 ata o 19/06/2018 e horario de 15:00 a 19:00). Admitiráse un número máximo de 15 alumnos por curso e o aproveitamento do mesmo permitirá obter o correspondente certificado de profesionalidade.
Os participantes nestos cursos deberán ser persoa desempregada e ademais cumprir algún dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de graduado ou graduada en ESO.
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos.
f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.
Información e inscripcións na Oficina de Emprego de Tui e na páxina web http://emprego.ceei.xunta.gal/listaxe-de-especialidades-formativas