16 Abr Realizaranse servizos mínimos durante a folga de SOGAMA que comezou onte O servizo de transporte de lixo dende a planta de transferencia do Rosal ate as instalacións de SOGAMA en Cerceda, estará practicamente paralizado
- A partir do luns 15 de Abril os traballadores do transporte de SOGAMA iniciaron unha folga indefinida, polo que o servizo de transporte de lixo dende a planta de transferencia do Rosal ate as instalacións de SOGAMA en Cerceda, estará practicamente paralizado.
Por esta razón, durante os vindeiros días, realizaranse servizos mínimos de recollida no noso municipio. Dende o Concello de Tomiño estarase pendente da evolución da folga e irase informando.