05 Feb O CONCELLO SOLICITA 23 NOVAS CONTRATACIÓNS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia
O Concello de Tomiño solicita 23 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.
Na seguinte ligazón pode consultarse a información completa: