O Correlingua chega a Tomiño A Praza do Seixo acolle a actuación de Mekánika Rolling Band, presentada por Fran Rei e coa asistencia de 250 estudantes da comarca

A Praza do Seixo recibirá este mediodía ao CORRELINGUA 2022 coa actuación de Mekánika Rolling Band, presentada por Fran Rei.
Ao concerto asistirá alumnado e profesorado de cinco coles e instis de Tui (CEIP Rebordáns e IES San Paio), Tomiño (CEIP de Barrantes), O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) e Gondomar (IES Terra de Turonio). Participará a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e arredor de 250 estudantes dos centros educativos mencionados.
Mekánika Rolling Band son os gañadores da edición do Cantalingua desta convocatoria de 2022 e participan nas Festas convocadas en espazos públicos e centros escolares das catro provincias.
Mekánika Rolling Band gañou coa canción “En busca da festa”. É un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais nun show enérxico, participativo e dinámico.