O CRA conmemora o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha instalación no Mercado Municipal A acción é o resultado de que cada familia aportase un tarriño de cristal, poñendo dentro un recordo importante e valioso

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés conmemora o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cunha instalación no Mercado Municipal. Para celebrar dita conmemoración, como vén facendo en datas sinaladas, o centro fixo unha instalación no Mercado de Tomiño coa que pretenden implicar a toda a vila, a través da súa participación.

Esta instalación é o resultado de que cada familia aportase un tarriño de cristal, poñendo dentro un recordo importante e valioso do seu tempo.
“Con todos este tarriños montamos a instalación no Mercado de Tomiño empregando unha rede mariñeira, co fin de facer un guiño ao noso proxecto deste ano, que está dedicado ao mar”, explican dende a dirección do CRA.



X