O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos A proba de BTT-Maratón presentouse esta mañá no Concello de Tomiño. Será o sábado 7 de maio e contará con máis de 450 participantes nas categorías de  parellas e individual

Tras dous anos de receso por mor do Covid-19, o Desafío Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

A proba de BTT-Maratón por parellas e individual, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar o sábado 7 de maio con máis de 450 participantes chegados desde as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor, resto do sur de Pontevedra e diferentes puntos de Galicia e Portugal.

Así o indicou Santi Sánchez, responsable da organización na presentación da proba, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Tomiño, coa asistencia da alcaldesa Sandra González; a deputada provincial Raquel Giráldez (en representación da Deputación de Pontevedra, entidade colaboradora); o concelleiro de Deportes, Fran Campo e o responsable do ximnasio tomiñés Meu Fit, Mauro Blanco, que facilitará baños, duchas e vestiarios o día da proba.

Nesta edición 2022 haberá dous percorridos: un de longa distancia (104 Km. parellas) e outro de corta distancia (62 Km. individual). A saída será ás 9 da mañá desde a Praza do Seixo, a carón do Concello de Tomiño, patrocinador institucional do desafío.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado pola Serra de Argallo e da Groba, dous das serras máis importantes do sur das Rías Baixas, que porán a proba a resistencia dos ciclistas, pasando tamén polos concellos de O Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.

Ao finalizar a proba haberá duchas, comida e servizo de fisioterapia para todos os participantes.

Como comentou o concelleiro Fran Campo, “na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.

 

Desafío Terras de Turonio 2022.

SÁBADO 07 MAIO

Lugar: Tomiño (Praza do Seixo).

Ruta longa

08:00 a 08:45 Retirada de dorsais.

09:00 Saída proba.

14:00 Chegada primeiros participantes.

Ruta curta

08:00 a 09:30 Retirada dorsais.

10:00 Saída proba.

13:00 Chegada primeiros participantes.

 

PERCORRIDO

PERCORRIDO RUTA CURTA:

Distancia total:

61 quilómetros.

Desnivel positivo acumulado:

1300 metros.

Avituallamientos:

  1. Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
  2. Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
  3. Km 50 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.

Puntos craves da proba:

Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).

Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).

Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).

Km 36     Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).

 

PERCORRIDO RUTA LONGA:

DISTANCIA TOTAL:

104 quilómetros.

DESNIVEL POSITIVO ACUMULADO:

2700 metros.

AVITUALLAMIENTOS:

1.Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.

2.Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.

3.Km 52 Mougás (Oia). Líquido.

4.Km 72 Chan dá Lagoa (Baiona). Sólido | Líquido.

5.Km 92 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.

PUNTOS CRAVE DA PROBA:

Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).

Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).

Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).

Km 36     Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).

Km 57 ^ Subida Curro de Mougás (Lonxitude 2’4km. Dificultade 5).

Km 80 ^ Subida Groba (Lonxitude 3’5km. Dificultade 4).

 

REGULAMENTO

O DESAFÍO TERRAS de TURONIO é unha proba BTT de longa distancia que se celebrará o 07.05.2022 e que se pode disputar sobre dúas distancias:

-Distancia longa  104km. (PARELLAS)

-Distancia curta    62km. (INDIVIDUAL)

 

CATEGORÍAS.

1.Haberá 5 grupos de idade para os participantes na distancia longa (Parellas):

Masculina. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.

Feminina. Con licenzas da categoría feminina.

Mixta. Cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.

Veteranos. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.

Centenarios. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.

2.Poderanse confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa licenza sexa distinto.

3.Os participantes da distancia curta (Individuais) dividiranse en masculino e feminino.

4.Recibirán obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.

5.Recibirán tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

 

Máis información e inscricións: http://desafioterrasdeturonio.blogspot.com.es/