O Exército do Aire informa que por razóns técnicas, a localización do simulacro de salvamento trasládase á parroquia de Figueiró O horario das maniobras será o mesmo: de 9.00 a 14.30 ou 15.00h

O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, vén de informar que por razóns técnicas, a localización do simulacro de salvamento que realizará hoxe, xoves 11 de novembro, trasládase á parroquia de Figueiró, do sitio inicialmente previsto (Pinzás e Vilachán do Monte).

Trátase dun exercicio de procura e salvamento aéreo chamado “MADRISAR-21” que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima.O horario das maniobras será o mesmo: de 9.00 a 14.30 ou 15.00h

No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.

Este exercicio levarase a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc.