O Festival Vaideson celebra o seu quinto aniversario cun grande espectáculo na Praza do Seixo

O Festival Vaideson celebra o seu quinto aniversario cun grande espectáculo na Praza do Seixo Organizado pola Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio, o público poderá gozar tamén da actuación de Ldanzia e da

Será este sábado 8 de xullo ás 21.00 h con entrada de balde

A programación cultural de verán continúa esta fin de semana cunha nova edición do Festival Vaideson, que celebrará o seu quinto aniversario cun grande espectáculo na Praza do Seixo. A Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio organiza un ano máis este festival gratuíto en colaboración co Concello co obxectivo de animar ao público a gozar do baile tradicional galego, do talento e da boa música.

O espectáculo será este sábado 8 de xullo as 21.00 horas con entrada de balde e aberto a todos os públicos. Nesta ocasión, a organización estará acompañada sobre o escenario da Escola de Danza Ldanzia.