O Festival Vaideson prepara unha sexta edición cun grande espectáculo para todos os públicos

O Festival Vaideson prepara unha sexta edición cun grande espectáculo para todos os públicos Será este sábado 13 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Calvario

A programación cultural e de lecer deste verán continúa esta fin de semana en Tomiño cunha nova edición do Festival Vaideson, que celebrará o seu sexto aniversario cun grande espectáculo na Praza do Seixo. A Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio organiza un ano máis en colaboración co Concello este festival gratuíto que naceu co obxectivo de animar ao público a gozar do baile tradicional galego, do talento e da boa música.

Nesta ocasión a Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio estará acompañada polo grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro. O espectáculo, aberto a todos os públicos, será este sábado 13 de xullo ás 21.00 horas con entrada de balde.