O goberno local amosa o seu pesar polo pasamento de Xose Luis Franco Grande O escritor e académico foi nomeado Fillo Predilecto da vila en 2012

O Goberno local de Tomiño quere recoñecer o compromiso e a importante labor do seu Fillo Predilecto (2012) o escritor e académico Xose Luis Franco Grande, quen faleceu esta noite e quen fixo de Tomiño a súa patria.

Xose Luis Franco Grande naceu en Tebra no ano 1936. Fillo de mestres, foi o responsable do primeiro Diccionario galego -castelán (1968), iniciando o camiño da normalización da lingua. Alma da xeración esquecida que durante a ditadura fixo de ponte entre os represaliados do Grupo “Nós” e a Xeración Galaxia.

O escritor foi nomeado Fillo Predilecto de Tomiño en sesión plenaria do 27 de outubro de 2011 e faséndoselle a homenaxe respectiva o 15 de xaneiro de 2012, cando se lle entregou unha distinción coa seguinte lenda: A corporación municipal do Concello de Tomiño acordou por unanimidade nomear fillo predilecto de Tomiño a Xose Luis Franco Grande POLO SEU FIRME E INQUEBRANTABLE COMPROMISO CON GALICIA E COA SÚA LINGUA E CULTURA”. Este emotivo acto, celebrado no auditorio goianés, contou coa preseza da familia, amizades, veciñanza e boa parte da intelectualidade galega. Asemade, Franco Grande foi o primeiro homenaxeado no Acto Cívico do Alivio, instituído polo goberno local no ano 2007.

Na actualidade era membro numerario da Real Academia Galega e membro do consello reitor do IGADI. Compaxinaba os seus artigos na prensa escrita coa impartición de conferencias sobre literatura e pensamento político. Un ámbito do que nos quedarás as súas últimas publicacións Os anos escuros (2004), Cando o futuro comeza (2009) , Outra política para outros tempos (2015) ou A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos (2020).

Franco Grande fixo comezou traballando no mundo da poesía acadando diversos premios (Premio Eduardo Pombal, 1955; Premio Nacional de Literatura Rosalía de Castro, 1967); para máis tarde, incursionar no xenéro teatral e desenvolver unha labor constante como articulista en diversos medios de comunicación.

O goberno de Tomiño, encabezado pola alcaldesa Sandra González, quere amosar o seu pesar polo pasamento deste distinguido veciño tomiñés, nestes difíciles momentos, lembrándoo coas verbas sempre agarimosas que tiña para o seu pobo, e facer chegar todo o cariño e apoio á súa familia.

Foto: homenaxe Fillo Predilecto de Tomiño, ano 2012.