O Goián F.C. disputa o ascenso de categoría ante o Cruceiro, este domingo no campo do Regatiño O equipo de cadetes medirase o sábado ás 10 da mañá co C. Apóstol

O Goián F.C. xoga este domingo, 12 de xuño, ás seis da tarde (18.00h) co Cruceiro, no Campo de Fútbol do Regatiño, disputándose o ascenso de categoría.

Cita moi importante, pero non menos que a do equipo de cadetes, que o sábado ás 10 da mañá mediranse co mesmo obxectivo ao C. Apóstol, tamén no campo do Regatiño.

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, desexan a ambos os equipos a mellor das sortes.



X