O grupo xuvenil da Escola de Teatro levanta o pano para despedir o curso

O grupo xuvenil da Escola de Teatro levanta o pano para despedir o curso O alumnado interpretará ‘Menuda veciña!’ este domingo 18 ás 19.30 h. Será de balde no auditorio de Goián

O grupo xuvenil da Escola de Teatro de Tomiño remata o curso levantando o pano. O alumnado de 13 a 18 anos subirase este domingo 18 de xuño ao escenario para interpretar ‘Menuda veciña!’, unha obra coa que os mozos e mozas que participan nesta escola municipal demostrará todo o aprendido ao longo destes meses de clases e ensaios. A obra representarase no auditorio municipal de Goián ás 19.30 horas con entrada de balde.

A través da Escola de Teatro municipal, cativada e mocidade achéganse ao mundo teatral ao tempo que se estimulan as súas capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo ou se melloran os recursos comunicativos, entre outros aspectos. Ademais, combínase a expresión dramática coa creación, co ensaio e coa posta en escena desta obra final coa que deleitarán ao público este domingo.