O IES Antón Alonso Ríos, acolle este xoves a 1ª sesión de charlas para o profesorado, con ferramentas na detección de casos de violencia de xénero As seguintes, no mes de maio, serán dirixidas a profesorado de Infantil e Primaria

Mañá, xoves 11 de abril, terá lugar no IES Antón Alonso Ríos, a primeira sesión de charlas organizadas polo Concello para o profesorado, co fin de dotalo de ferramentas na detección e abordaxe en casos de violencia de xénero.

As seguintes, no mes de maio, serán dirixidas a profesorado de Infantil e Primaria. Trátase dunha actividade financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e serán impartidas por profesionais expertos/as en xénero.