O Pavillón de Goián acolle unha nova edición do mercadiño e exposición de motos antigas Organizado pola Asociación de amigos das motos antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello, a feira celebrarase sábado e domingo

A Asociación de amigos das motos antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza a vindeira fin de semana (sábado 2 e domingo 3 de novembro) o XVI Mercadiño e exposición de motos antigas, no pavillón de Goián.

A gran feira de recambios para as motos antigas e tamén para coches clásicos poderá visitarse o sábado, de 10.00 a 16.00 e de 18.00 a 20.00 horas, e o domingo, de 10.00 a 16.30 horas, ininterrompidamente.

Numerosos profesionais do sector e amantes das motos antigas e coches clásicos, danse cita cada ano neste evento, no que tamén pódense atopar ferramentas, miniaturas e un longo etcétera.