O programa “Coidados Porta a porta” arranca en Tomiño coa axenda completa para os tres días que estará na vila A alcaldesa visitou a unidade móbil en compañía do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López

O programa “Coidados Porta a Porta” Concello de Tomiño elixiu Tomiño para estrear a ruta que o levará por toda a provincia de Pontevedra.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, visitou a unidade móbil instalada no torreiro de festas do Alivio, acompañada polo xefe territorial Luis López e outras autoridades provinciais e locais.

Durante a visita, a alcaldesa e a concelleira de Benestar Social (Cristina Martínez) puideron interiorizarse dos aspectos técnicos do programa, da man dos profesionais que atenden ás persoas apuntadas á iniciativa e, ao mesmo tempo, realizar suxestións para optimizar o servizo.

   

O coordinador do programa, Valentín Cavín, informou que xa están cubertas todas as citas dispoñibles para os tres días que a unidade móbil permanecerá en Tomiño, pero advertiu que en breve haberá outras dúas visitas ao municipio, de tres días cada unha.

Sandra González anima á poboación maior de 55 anos do municipio a participar neste programa, destinado a efectuar revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, e tratamento das principais patoloxías; e realización de probas de valoración cognitiva para a prevención de doenzas como o Alzhéimer ou demencias neurodexenerativas.

As persoas que asistiron neste primeiro día, comentaron que os servizos foron os esperados e que se encontraban moi satisfeitas en xeral coa atención recibida polos profesionais da unidade móbil. Entre esas persoas, atopábase Purificación Pousa, de 77 anos, veciña de Vilar de Matos (Forcadela) que foi atendida na consulta de podoloxía.

Ás 10 da mañá, no salón de plenos do Concello, tivo lugar unha reunión informativa, na que un técnico do programa informou ás persoas asistentes as características do mesmo, dándolles a coñecer as canles de comunicación para solicitar as citas.