
07 Xul O Servizo de Igualdade convida á mocidade ver a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do "Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género"
O Concello de Tomiño, a través do Servizo Municipal de Igualdade, organiza unha actividade dirixida á poboación moza da vila; concretamente, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado on line do filme “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro, e posterior faladoiro, tamén on line, coa intervención da directora.
O filme, de carácter documental, será proxectado en aberto, propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.
Deste xeito, poderase visionar de balde, os días 21 e 22 de xullo, a obra estreada en 2018, seleccionada e premiada en múltiples festivais.
Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”.
Faladoiro con presenza da autora
O día 23 de xullo, ás 20.00 horas, poderase asistir tamén a un coloquio coa autora, Xiana do Teixeiro, no que poder compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. Para isto é preciso tamén rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.
O faladoiro terá un límite de prazas de 25 persoas. Esta actividades está dirixida á poboación de entre 16 e 30 anos. Só en caso de quedar prazas libres poderá ampliarse a outras franxas de idade.
Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.
FICHA TÉCNICA
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)
Gravada en: Lugo e Ourense
Xénero: Documental
Duración: 71 minutos