O Spartan Team de Tomiño disputa esta fin de semana varios títulos de boxeo en Salceda de Caselas Daniel Fernández, David Novoa e Charly López competirán o sábado a partir das 20.30 horas no pavillón polideportivo da localidade

Este sábado a partir das 20.30h no pavillon deportivo de Salceda de Caselas, tres representantes do club Spartan Team de Tomiño, disputarán diferentes competicións de boxeo en Salceda de Caselas, no marco do evento organizado por “Kick&box Club Salceda”.
O pú xil Daniel Fernandez, competirá na cateria dos Promesas (iniciados) nos 75kg.; disputará as eliminatorias e tratará de clasificarse para a final.
David Novoa, pola súa banda, que estará competindo na categoria clubs (avanzados), e participará na final dos 64kg. ante o rival local Bryan Álvarez.
Finalmente, a última representacion do Spartan Team de Tomiño neste evento, será Charly López. Aínda que disputando un simple combate de rodaxe, será un dos pratos fortes da noite  facendo un dos cruces de peche de velada.