O XXV Encontro dos Pobos encherá de música tradicional O Baixo Miño O grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco organiza este festival que arranca o sábado en Tomiño e que tamén chegará a Oia, O Rosal e A Guarda

Unha nova edición do Encontro dos Pobos, e xa van 25, arranca este fin de semana en Tomiño. O grupo de bailes e gaitas guardés Do Lusco ó Fusco organiza o que xa se converteu nun dos festivais de música tradicional máis representativos do sur da provincia de Pontevedra. Nesta vixésimo quinta edición o público poderá disfrutar de balde das actuacións de grupos tanto locais como internacionais.

O festival arranca este sábado 21 de xullo na praza do Seixo (en caso de choiva trasladarase o auditorio de Goián), coas actuacións da Asociación Val de Piran, procedentes de Eslovenia, Do Lusco e Gusco, o grupo de baile tomiñés Virxe do Alivio e a agrupación folclórica a asturiana Cuelebre. O Domingo o XXV Encontro dos Pobos chega ás 20.30 horas a Viladesuso (Oia) da man Do Lusco ó Fusco e da agrupación eslovaca de Val de Piran, así como a actuación de diversas bandas de Oia, como Tralo Mosteiro e a Fiada de Viladesuso. Xa o martes 24 de xullo o auditorio de San Bieito de A Guarda (se o clima non o permite celebrarase no pavillón da Sangriña)  acollerá as actuacións de agrupacións locais como Vento Mareiro, Xamaraina, Doxe nun ano ou Do Lusco ó Fusco, entre outras. O festival remata o mércores 25 de xullo ás 21.30 horas na praza do Calvario do Rosal (en caso de choiva será no auditorio) coas actuacións de Do Lusco ó Fusco, A Asociación Cultural de Lembranzas da Terra de Guillarei e a agrupación eslovaca mencionada.

Cinema de balde ao aire libre

A axenda de verán do Concello de Tomiño continúa a botar fume e este venres ás 22.30 horas na Praza do Seixo, no marco do cinema ao aire libre que se celebra no mes de xullo, proxectarase a película ‘Una familia feliz’, ideal para todos os públicos e para que os pais e nais acudan cos seus fillos. A película trata sobre a familia Wishbone, que está a pasar por un mal momento. Para mellorar as cousas van a un parque temático. Todo ía ben ata que una bruxa bótalles una maldición e os converte en diferentes monstros. Terán que demostrar que aínda sendo tan diferentes poden convertirse nunha gran familia.

As outras películas que se proxectaron os dous primeiros venres de xuño foron todo un éxito neste ciclo de cinema de balde foron todo un éxito, chegando a congregar a aproximadamente 500 persoas.