Os concellos da Mancomunidade seguen a reclamar unha cita co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia Representantes dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia mantiveron hoxe unha reunión de traballo

OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE SEGUEN RECLAMANDO UNHA CITA CO CONSELLERIO DE SANIDADE

Representantes dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia mantiveron hoxe unha reunión de traballo, na que constataron a falla de resposta da Xunta de Galicia para tratar a situación de precarización da sanidade pública na comarca.

A comezos de xullo os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño mantiveron unha reunión para falar da situación da sanidade pública na comarca, solicitando unha reunión co Conselleiro de Sanidade. Desde entón seguen esperando unha resposta.

O tema que protagonizou hoxe a reunión da Mancomunidade (Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal) foi, polo mesmo, a situación de precarización da sanidade pública, e a preocupación existente pola falta de medios materiais e persoais. “Os alcaldes e alcaldesas  non entenden como a Consellería pode seguir sen responder á solicitude de reunión co Conselleiro de Sanidade”, manifestaron os representantes locais tras a xuntanza. “A Mancomunidade do Baixo Miño reclama publicamente unha resposta inmediata á solicitude de cita co Conselleiro de Sanidade o Sr. Vázquez Almuiña. A sanidade pública é un dereito e debera ser unha prioridade por parte da Xunta de Galicia. Trátase da saúde e en definitiva da vida das persoas”, lembraron.

Desde a Mancomunidade consideran que é “inconcibible que o Conselleiro non responda á solicitude de reunión dos representantes públicos da veciñanza do Baixo Miño”.