Participación récord na 5ª edición do Certame de Pintura Antonio Fernández O xoves inaugúrase unha exposición no Mercado de Tomiño coas obras das persoas participantes

O pasado domingo 20 de agosto, un dos días de máis calor deste verán, tivo lugar a quinta edición do Certame de Pintura Antonio Fernández.

A pesar das altas temperaturas, a participación foi elevada: 43 persoas artistas da pintura ocuparon diversos enclaves da contorna de Goián, moitos deles preto da ribeira do Río Miño.

O día trascurriu e os artistas aproveitaron o tempo ao máximo para ter rematadas ás súas obras á hora establecida, as 19.00 da tarde, momento onde tiñan que depositar as súas obras no lugar habilitado no Espazo Fortaleza.

O xurado, composto por Nuno Correira, Vicepresidente da Fundaçao Bienal de Artes de Cerveira, Helena Mendes Pereira, Membro da Fundaçao Bienal de Artes de Cerveira,  Liliya Pobornikova, escultora, Magín Picallo, escultor, Cesar Sobral, da Comunidade de Montes de Goián, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, elexiron de entre todas as persoas participantes e fallaron os premios previstos, resultando gañadores:

– 1º premio: Eduardo Pérez Baamonde

– 2º premio: Manuel Carballeira Rivas

– 3º premio: Martina Bugallo González

Dende o Concello de Tomiño valórase moi positivamente a alta participación desta edición do Certame, que se interpreta como a consolidación dunha cita anual importante no ámbito da cultura en Tomiño.