Pinchos de autor para gozar dunha nova sesión dos ‘Sábados con sabor’

Pinchos de autor para gozar dunha nova sesión dos ‘Sábados con sabor’ Xa están á venda os tíckets para participar na nova xornada de degustación deste 21 de maio, celebrada ao abeiro da campaña ‘Vive!’

Nova sesión de pinchos de autor no mercado de Tomiño. O Concello organiza este 21 de maio unha nova xornada dos ‘Sábados con sabor’, unha actividade ao abeiro da programación da campaña Vive!, porta en marcha co obxectivo de fomentar a dinamización do comercio local e darlle pulo á reactivación económica do municipio.

Os ‘Sábados con sabor’, que están a ter unha grande acollida por parte do público, chega esta fin de semana ao Mercado cunha xornada na que o público poderá gozar de 13.00 a 15.00 horas de dúas bebidas e de dous pinchos de autor ideados e creados para cada sesión de forma exclusiva polos praceiros e praceiras con produtos locais. Esta semana o menú estará composto por follado recheo de champiñóns e queixo con ourego e lagostino kataifi con maionesa ao curri.

As persoas interesadas en pasar un rato de lecer e desfrutar das degustacións este sábado xa poden mercar os seus tíckets en calquera dos postos do Mercado Municipal de Tomiño. O prezo de cada entrada será de seis euros e inclúe dúas bebidas e dous pinchos de autor. O aforo estará reducido a 60 persoas.