Policía Local e Protección Civil de Tomiño reciben formación especializada en violencia de xénero Ambos os dous corpos de seguridade asistiron a dúas sesións de formación con supostos prácticos para saber coma actuar en casos de violencia doméstica

Os integrantes da Policía Local e protección Civil de Tomiño asistiron durante dous días a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero, organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, co fin de proporcionar aos axentes destes colectivos as ferramentas teórico-prácticas para enfrontarse aos casos de violencia doméstica ou familiar que se produzan no municipio.

Deste xeito, o Concello continúa traballando contra esta lacra da sociedade que cada día se cobra novas vítimas. O taller tivo lugar os días 15 e 16 deste mes, no salón de plenos do Concello. A actividade estivo financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.