
17 Xan Proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital O día 22 de xaneiro realizaranse actuacións no centro de extensión de cobertura de Tebra para poder sintonizar distintos canles
Para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
Ditas actuacións realizaranse o próximo mércores 22 de xaneiro no centro de extensión de cobertura de Tebra. O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais, e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:
- Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
- Canle 31 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
- Canle 36 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD
- Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
- Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
- Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
- Canle 46 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
- Canle 48 (MPE5): A3Series, Real Madrid TV, Be Mad, Ten.
Para poder seguir estas canles, as persoas interesadas deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor coma a calidade da cobertura por vía telefónica no 881 866 388, ou na web www.tdtgalicia.gal.
A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.
De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Tebra como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:
Parroquia | Nome entidade | Poboación |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | A BOUZAFRÍA | 13 |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | FRIÁNS | 22 |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | LUBIÁN | 102 |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | O CASAL | 104 |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | O SOUTO | 74 |
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) | PAZARREIRA | 14 |
TABORDA (SAN MIGUEL) | A TOMADA | 101 |
TABORDA (SAN MIGUEL) | O PAZO | 115 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | A IGREXA | 112 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | A PEDREIRA | 82 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | A PONTECIÑA | 105 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | CIMADEVILA | 156 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | O CARBALLAL | 80 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | O OUTEIRO | 155 |
TEBRA (SANTA MARÍA) | SAMUELLE | 92 |
TOMIÑO (SANTA MARÍA) | O HOSPITAL | 142 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | A ARROTEA | 22 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | A GRANXA | 41 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | O CASTRO | 56 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | O PORTO | 5 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | O RAL | 107 |
VILAMEÁN (SAN BIEITO) | VILAMEÁN | 89 |